Thursday 02 de May de 2024

Para o Partido Popular de Sada é prioritario dotar de medios materiais e humanos suficientes á Policía Municipal para que preste un servizo de calidade


Exporá no pleno extraordinario varias propostas para ser estudadas pola Comisión de Seguridade que se vai a crear para abordar este tema.

Entre outras, propoñerá solicitar que o cuartel da Garda Civil pase á categoría de posto principal dobrando o número de axentes.

Completar o persoal da policía municipal e cubrir o posto de inspector, son dous das formulacións que elevará á consideración do novo órgano que se creará no próximo Pleno Extraordinario sobre seguridade cidadá, convocado para o día 20 deste mes.

Así os populares consideran que o cumprimento das 1642 horas establecidas por lei, e fóra destas, pagando as horas extras, debe facerse nunhas condicións equilibradas, razoables e atractivas que faciliten o servizo público e resulten motivadoras tanto para os axentes que actualmente pertencen ao persoal como para aqueloutros que poidan acudir a algunha convocatoria. Para iso hai que facer, entre outras cousas, quendas rotativas de mañá, tarde e noite, actualizando o complemento específico dentro das limitacións orzamentarias, xa que temos a policía municipal cos soldos máis baixos de toda os da zona, e dotar ao servizo, dos medios necesarios non só para protexer, senón tamén para protexerse operando con total seguridade e integridade.

Non descarta o Grupo Popular que se o persoal neste momento non é suficiente e en tanto non se soluciona doutra maneira, pendentes tamén do desenvolvemento da RPT, establecer e pagar as horas extras necesarias . Esta, que sería unha solución provisional, evitaría estar unha noite máis sen policía en condicións operativas.
” Levamos así máis de tres meses e non só xustifícase por incidentes que pasaron…se non polos que poidan ocorrer.

As queixas chegaron ata ” A valedora do Pobo” como así llo vai a comunicar ao equipo de goberno.”
Manifestou Esperanza Arias, presidenta do Partido Popular de Sada.
Tamén exporá o solicitar por acordo plenario á Delegación do Goberno que o cuartel da garda civil de Sada pase a ser posto principal, dobrando así o número de persoal a 33 axentes e estando operativo as 24 horas do día, o que entre outras cousas axudaría a intervir con máis rapidez ante situacións urxentes como son as relacionadas con violencia de xénero, por poñer un exemplo.

Tamén someterá a estudo da citada comisión a creación dun voluntariado de Protección Civil altamente cualificado e dotado de medios, que en coordinación co resto das forzas de seguridade poida facer fronte a calquera situación de emerxencia e de maneira máis específica en coordinación co SEM, Servizo Municipal de emerxencias cuxa situación tamén será obxecto de estudo,

Ademais, adiantan desde o Partido Popular que é a súa intención propoñer que a Xunta de seguridade local, que leva máis dun ano sen reunirse , #fixar e cumpra un calendario de traballo que lle permita facer plans e elaborar protocolos de actuación e coordinación interinstitucionais en materia de igualdade, violencia de xénero e seguridade cidadá.
Á marxe destas propostas o partido Popular a través do seu grupo municipal levará outras iniciativas relativas a cuestións que tamén inflúen na seguridade e que espera que se incorporen ao calendario de traballo que marcará a futura Comisión de Seguridade.